San Telmo - Semana de Teatro Amador

Data:
7/04/2026
Lugar:
Teatro Municipal
Do martes 7 ao venres 10 de abril vaise celebrar no Teatro Municipal a XVI Semana de Teatro Amador coa participación de catro agrupacións tudenses.
Ás entradas, ao prezo de 2€, poden adquirirse en tui.gal. Resérvanse 150 entradas para á venda no despacho de billetes o mesmo día da función dende as 20 h.
Martes 7 ás 21 h
O grupo de teatro San Fins de Rebordáns estrea "Ultramarinos Norte"
- Autoría e dirección: Laura Villaverde
- Elenco: Amparo, Concepción, Carmela, Concepción, Concha, Tatiana, Florindo,José, Paquiño, Álvaro, Helen e Katia
- Sinopse: Nun ultramarinos dunha vila mariñeira, a chegada dunha fábrica divide á veciñanza entre o progreso prometido e a defensa do mar. Entre retranca, música e vida de bar, descubrirán que hai cousas que non se venden.
Mércores 8 ás 21 h
O grupo de teatro A Insua de Caldelas de Miño estrea "Error 404"
- Autoría e dirección: Sofía González Durán
- Elenco: Ana Pena, Alberto Rául Santa María, Consueñlo Besada, Gabriel López, Josefa Carrera, María del Mar Alono, Marisa Vilalverde, Rosa María González, Sofía Pimentel, Susana Lorenzo, e Vanesa Villar.
- Sinopse: No ano 2050, a tecnoloxía forma parte absoluta da vida cotiá. As compras, as relacións e mesmo as decisións máis pequenas pasan por unha pantalla. Nun mercado aparentemente normal, entre postos de froita e clientes apurados, algo comeza a fallar. Un erro no sistema abre unha fenda inesperada que obriga aos personaxes a cuestionar o tempo no que viven e a maneira na que se relacionan. De súpeto, aquilo que parecía cómodo e moderno convértese nun espello onde se reflicten as nosas propias contradicións. “Erro 404” é unha comedia áxil e chea de retranca que mestura futuro e pasado para falar do presente. A través de situacións recoñecibles, absurdas e moi humanas, a obra pon o foco no uso (e abuso) da tecnoloxía, nas redes sociais, na competitividade e na dificultade —cada vez maior— de escoitarnos de verdade. Unha peza divertida e crítica que nos invita a rirnos de nós mesmos mentres nos fai unha pregunta incómoda: estamos conectados… ou simplemente en liña?
Xoves 9 ás 21 h
O grupo de teatro Aloia de Pazos de Reis estrea "Taxi"
- Autoría: Aloia Teatro
- Dirección: Bego Míguez
- Elenco: Román Bugarín, Miguel Enríquez, Samuel Otero, Eva Pazo, Marta Pazo, Miguel Angel Pazo, Estela Rey e Merchi Rodriguez
- Sinopse: Diversidade de personaxes, vidas e situacións, sucédense nun pintoresco taxi durante unha xornada de traballo
Venres 10 ás 21 h
O grupo de teatro Xuntanza de Randufe estrea "Tres porquiños"
- Autoría: Chirlomirlo Teatro
- Dirección Areta Bolado
- Elenco: Marita Giráldez, Pilar Álvarez, Adrián Vila, Miguel Ángel Martínez, Alba Martínez, Pablo Alfaya; Amancio Muíños, Juan Carlos López, Ricardo Álvarez, Graciela González e Manuel Diz
- Sinopse: “Tres Porquiños” é a revisión do clásico popular da literatura infantil que serve de pretexto para falar do enorme problema actual da vivenda. Os tres porquiños construtores, cos seus particulares estilos e métodos diferenciados (casa de palla, de madeira e de pedra), son os que vertebran esta obra de teatro na que tampouco faltan outros personaxes clásicos como Cincenta, O Príncipe Azul, Os Sete Ananos...




