Programación “Somos e seremos Inmarcescibles” co gallo do 8M

Data:
2/03/2020
Lugar:
Tui
A programación prevista a partir do venres 13 de marzo foi aprazada coma medida preventiva para evitar o contaxio por coronavirus
“Somos e seremos Inmarcescibles” é o lema da programación coa que se conmemorar en Tui o Día Internacional da Muller.
- Venres, 6 de marzo
- Ás 12h na praza do Concello Acto institucional no que intervirán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, e no que a tudense Andrea Gonzalez, unha das Top 100 Mulleres Líderes en España, dará lectura a un manifesto, e lectura duns poemas por parte Emilia Rosende. Presentación das “Mulleres Senlleiras de Tui 2020”.
- Sábado, 7 de marzo
- Ás 20 h na Sala Félix Rodríguez, na Área Panorámica, Baia Fernández de la Torre, artista, poeta e terapeuta da risa, ofrecerá o monólogo “En que pensan as mulleres”.
- Ás 22 h no Parador de Turismo Cea Homenaxe ás Mulleres organizada por mulleres de Tui na que colabora o Concello de Tui.
- Domingo, 8 de marzo, Día Internacional da Muller,
- Ás 12 h Concentración na Praza da Inmaculada. O Club de Lectura do IES San Paio levará a cabo unha lectura de poemas,, Actuación Xoana presentando o seu traballo musical “Dardos”.
- Martes, 10 de marzo ás 19 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica
- Obradoiro “Mulleres fronte ao espello” impartido pola coach Hérika Míguez. É recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54.
- Mércores, 11 de marzo, ás 10 h na Sala Xacobeo da Área Panorámica
- Almorzo informativo sobre o Pacto de Estado no que intervirá Laura Seara, avogada e exsecretaria de Estado de Igualdade. Dirixido a empresas, profesionais, centros educativos, administracións, e público en xeral. É recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54
- Venres, 13 de marzo, ás 19 h no Espazo Xove na rúa Sanz
- Taller de ioga e meditación “Equilibrio mente e corpo” a cargo de Vanesa Rodríguez Martínez. É recomendable inscrición previa en igualdade@tui.gal ou no 986 60 36 25 ext 54.
- Sábado, 21 de marzo, de 10 a 14h na praza de Abastos
- “Ao vivo. Elas crean”, coa participación de mulleres creadoras
- Mércores, 25 de marzo, de 9.30 h a 14 h na aula da UNED de Tui
- I Encontro Lider-A “Mulleres inspiradoras”
- Venres 27
- Exposición dos retratos realizados por Gemma Marqués das “Mulleres Senlleiras de Tui 2020”.
- Sábado, 28 de marzo, de 10 a 14 h na Aula da UNED
- Xornada de xénero centrada na igualdade e corresponsabilidade familiar dirixida a pais, nais, menores e adolescentes a cargo dun equipo de profesionais dirixido pola psicóloga Randall Hernández.