Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Programación 8M Ocupemos o noso lugar

Data: 
4/03/2023
Lugar: 
Tui

"Ocupemos o noso lugar" e o lema da programacion organizada polo Concello de Tui co gallo do 8M, o Dia Internacional das Mulleres. Estas son as actividades previstas:

  • Sábado, 4 de marzo 10:30 h na praza da Inmaculada
    • Taller de crochet “Tecendo Feminismo” impartido por Salomé Fernández de Cucapuntoes
    • As persoas participantes elaborarán unha camelia branca, símbolo do feminismo.
    • É preciso inscrición previa en hola@cucapuntoes, en M&R na rúa Compostela.
    • As mulleres que se acheguen até a Praza da Inmaculada serán agasalladas cunha camelia branca realizada en crochet.
  • Luns, 6, 13, 20 e 27 de marzo ás 10 h na Radio Municipal de Tui
  • Club de emprego “O mercado laboral para as mulleres no século XXI”                                      
    • Lunes 6 “Brecha Salarial e outras brechas” con Trini Campos, secretaria de Igualdade de UGT-Galicia
    • Lunes 13 “ Plans de igualdade e protocolos de acoso sexual”- Anabel Díaz, directora de IDAE Consultores
    • Lunes 20 “Liderazgo femenino e teito de cristal” con Ana Alonso, vicepresidenta Citic-Censa
    • Lunes 27 “ Corresponsabilidade e conciliación laboral
  • Mércores, 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres
    • Ás 18 h no Salón de actos do CMUS de Tui concerto homenaxe á compositora  Amy Beach a cargo do alumnado do centro.
    • ÁS 19.30 h na praza da Inmaculada. Acto Institucional
      • Actuación da cantante e compositora galega Su Garrido
      • Acción artística “Muller auga” a cargo de Ana Abad de Larriva e María Move
      • Lectura do manifesto a cargo da xornalista tudense, Paula Montes de Radio Vigo.
  • Sábado, 11 de marzo ás 12 h no Paseo da Corredoira.
    • Inauguración exposición “O Esforzo In-Visible” das deportistas tudenses Aida Valiño, Anita Rodríguez, Carmen González, Eva Mª Ara, Leticia Barbosa, Loli Pedrares, Marisa Giráldez, Nuria Domínguez, Sara Tui, Susana Fontán, e Tania Fernández. 
  • Domingo, 12 de marzo, ás 11.00 h. Saida da r/ Rosa Bahamonde.
    • Roteiro “Camiñando con elas”. Percorrido dunha hora polo conxunto histórico no que se coñecerá a historia e a vida de dez mulleres tudenses: Antonia Saravia, Cándida Rodríguez, Clara Torres, Conchiña Concheiro, Evagelina Jaso, Josefa Correa, Mª Suárez Sarmiento, María Tydeska, Raíñas Dona Urraca, e Rosa Bahamonde. 
    • Inscricións na Oficina de Turismo. 
  • Luns, 13 de marzo, ás  16.30 h. no Teatro Municipal.
    • Encontro con Marilar Aleixandre, autora do libro “As malas mulleres”.
    • Asistirá o alumnado de Bacharelato dos dous institutos tudenses nunha actividade aberta tamén á cidadanía en xeral.  
  • Martes, 14 de marzo,  ás 18.00 h no Paseo da Corredoira. Homenaxe ás “Mulleres pintoras”
    • “Subterránea” de Mónica Sueiro.Trátase dunha acción escénica que reivindica e visibiliza a figura de moitas artistas que foron silenciadas ao longo da historia.
    • Inauguración exposición pictórica “Mulleres Aliadas” da Asociación de pintura Tyde na Oficina de Turismo. Alicias Maetinez, Alicia Rodríguez, Conchi González, Emilia González, Isa de Haro, Fina Saa, Loli González, Mª del Carmen Baquero, María Fernández, María Garrido, María José Rodríguez, Pilar Pereira, Teresa Ruano, e Susi Eguia presentarán obras de Berthe Morisot, Frida Kahlo, María Victoria de la Fuente, Margaret Keane, Maruja Mallo, Menchu Lamas, Pilar Moutaner, Shamsia Hassani, Tamara Lenpika,Tarlisa do Amaral,  Vanessa Lodeiro, e Yayoi Kusama. 
  •  Xoves, 16 de marzo, ás 20.30 h no Teatro Municipal.
    • “Cómicas, habelas hainas!” a cargo de Marta Doviro, Jazmín Abuín e Arantxa Treus coa presentación de Bárbara Grandío. Deputación de Pontevedra.
    • Entrada libre ata completar o aforo.
  • Mércores,  22 de marzo, ás19 h na Sala Félix Rodríguez.
    • Charla “A saúde nas distintas etapas da muller” por Ana Cal.

  • Venres, 24 de marzo, ás 20  h. no Antigo cárcere na Praza da Inmaculada.
    • Presentación do libro de  libro de Helena Pousa, Marga do Val, Mª Victoria Martínez e Xosé Ramón Paz Antón  e inauguración da exposición “As mulleres represaliadas no cárcere de Tui”.
    • O libro está editado polo Concello de Tui en colaboración coa Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño, A Louriña e o Condado.
    • Acto está aberto ao público até completar o aforo.
  • Sábado, 25 de marzo, ás 21 h. no Antigo cárcere na Praza da Inmaculada.
    • Representación teatral de “A señora de Forcadela”  pola compañía Os Quinquilláns, inspirada na historia de Josefa García Segret, que foi detida durante o ano 1936 e retida na prisión de Tui, e doutras mulleres galegas represaliadas.
    • Chega a Tui en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
  • Venres,  31 de marzo, de 9.30 a 14 h na Aula da UNED.
    • Xornada de negocios “Mulleres conectadas”.
    • As persas interesadas en participar poden contactar co departamento de igualdade en igualdade@tui.gal.
  • Domingo, 2 de abril, de 11 a 20 h na Praza da Inmaculada.
    • Mercado de “Mulleres creativas”
    • As persas interesadas en participar poden contactar co departamento de igualdade en igualdade@tui.gal.
  • Campaña “Elixe Tui. Elixe Igualdade” nas redes sociais de Quero Tui