Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Programa Semana Santa 2025

Data: 
6/04/2025
Lugar: 
Tui

Do domingo 6 ao domingo 20 de abril Tui celebrará o programa da Semana Semana. 

Programa Semana Santa 2025 (pdf)

Domingo, 6 de abril

  • 18:00 h. Pregón da Semana Santa na Capela das Reliquias da S. I. Catedral
    • A cargo do Ecmo. Sr. D. Luis Quinteiro Fiuza, bispo emérito da diocese de Tui-Vigo.
    • Pequeno concerto a cargo do Conservatorio Municipal de Música de Tui.
    • Organiza: Asociación de Amigos da Catedral de Tui. Colabora: Cabido Catedral de Tui e Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia.

Domingo, 13 de abril. Domingo de Ramos

  • 11:00 h. Bendición de ramos na Praza de San Fernando A continuación procesión e Santa Misa na S. I. Catedral.

Mércores, 16 de abril 

  • 12:00 h. Misa Crismal na S. I. Catedral Presidida polo Bispo da diocese e concelebrada polo presbiterio diocesano.
  • Bendición dos óleos que se empregan na administración dos sacramentos nas parroquias durante o ano e renovación polos presbíteros das súas promesas sacerdotais.

Xoves, 17 de abril. Xoves Santo

  • 19:30 h. Misa Vespertina da cea do Señor na S. I. Catedral
  • 19:00 a 23:00 h. Visita aos Monumentos
    • Tradicional percorrido polos seguintes lugares: S. I. Catedral, Igrexas das Monxas Clarisas, Igrexa de San Telmo, Capela da Residencia San Telmo, Igrexa de San Domingos e igrexa de San Bartolomeu. Na Capela da Misericordia visítase a representación do Horto das Oliveiras.
  • 21:30 h. Procesión da Oración do Señor no Horto das Oliveiras Nova procesión que sairá da Capela da Misericordia percorrendo as rúas do conxunto histórico de Tui. Organiza: Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Miseri- cordia.
  • 23:00 h. Hora Santa na S. I. Catedral

Venres, 18 de abril. Venres Santo

  • 11:00 h. Sermón do Encontro e procesión dos Pasos
    • Saída dos pasos dende a Capela da Misericordia até a Praza de San Fernando onde terá lugar o Sermón do Encontro.
    • Orador: D. Santiago Freire Comesaña, cóengo e párroco de Tui.
    • A continuación procesión polas rúas da cidade.
    • Organiza: Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia.
    • Colabora: Asociación “Cristo da Agonía” - Antigos Voluntarios de Protección Civil de Tui.
  • 18.00 h. Celebración da Paixón do Señor na S. I. Catedral
  • 20:00 h. Sermón do Desencravo e procesión do Santo Enterro
    • Na igrexa de San Domingos Sermón do Desencravo.
    • Orador: D. Santiago Freire Comesaña, cóengo e párroco de Tui.
    • A continuación Procesión do Santo Enterro, que organiza tradicionalmente o Concello de Tui coa colaboración da Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia, polas rúas da cidade ata a igrexa parroquial de San Francisco.

Sábado, 19 de abril. Sábado Santo

  • 08:00 h. Procesión de Nosa Señora da Soidade
    • Saída dende a Igrexa de San Francisco ata a S. I. Catedral.
      • A continuación sermón a cargo de D. Santiago Freire Comesaña, cóengo e párroco de Tui.
    • 20:00 h. Solemne Vixilia Pascual na igrexa parroquial de San Francisco

Domingo 29 de abril 

  • 12:00 h. Misa Pascual na S. I. Catedral Presidida polo Bispo da diocese.