Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Programa de actividades "Tui contra a violencia de xénero"

Data: 
10/11/2021
Lugar: 
Tui

Con motivo do 25 de novembro, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade organiza o seguinte programa de actividades

  • Do 10 de novembro e o 20 de decembro Programa de Formación Básica en Igualdade e Políticas Públicas Municipais para persoal municipal e cargos políticos
  • Do 10 ao 23 de novembro na sala anexa á Sala Municipal de exposicións mostra “Á violencia de xénero… dille NON!”
  • Xoves, 25 de novembro, ás 18 h na praza do Concello Acto Institucional coa lectura do manifesto
  • Domingo, 28 de novembro, ás 12 h dende o Paseo da Corredoira Marcha Ciclista Contra a Violencia de Xénero (Inscrición até o martes 23 ás 23.30 h)
  • Martes, 30 de novembro
    • Ás 17.30 horas na Biblioteca Municipal Contacontos: “Peúgo, o calcetín melenudo” con Jessica Rodríguez Piñeiro
    • Ás 18.30 h na Sala de Exposicións Municipal presentación da Guía de información e recursos para as mulleres
  • Xoves 2 e venres 3 de decembro Taller Formativo en Prevención das Violencias Sexuais com Zúa Méndez e Teresa Lozano para alumnado do IES San Paio e do IES Francisco Sánchez
  • Sábado, 18 de decembro, de 10 a 14 h na Aula da UNED, xornada técnica sobre “Comunicación e igualdade: reflexións e propostas”