Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración da Catedral

Data: 
30/11/2025
Lugar: 
Tui

Tui convértese en capital cultural co programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración da Catedral. Dende o 30 de novembro de 2025 até o 1 decembro de 2026 desenvolveranse diversas actividades entorno a esta celebración. 

Comité de honra:

  • Presidencia
    • SSMM Os Reis de España
    • Presidente da República de Portugal
  • Integrantes
    • Ministro de Cultura do Goberno de España
    • Presidente da Xunta de Galicia
    • Presidente do Parlamento de Galicia
    • Delegado do Goberno en Galicia
    • Presidente da Deputación Provincial
    • Presidente da CCDR-Norte de Portugal
    • Alcalde de Tui
    • Presidente da Cámara Municipal de Valença
    • Arcebispo de Santiago de Compostela
    • Arcebispo de Braga
    • Bispo de Tui-Vigo
    • Bispo de Viana do Castelo
    • Deán do Cabido Catedral de Tui

Novembro 2025

Domingo 30

Solemne apertura do ano xubilar polos 800 anos da consagración da catedral de Tui

  • 12:00 h: Misa de apertura do ano xubilar.
  • De seguido, interpretación de Os fogos de San Telmo de Hermelindo Ruiz Mestre,un diálogo entre a Catedral de Tui e o fresco histórico de San Telmo na illa de Porto Rico. Sara Areal, violín, e Samuel Diz, guitarra, lideran unha formación de cámara baixo a batuta do mestre portorriqueño Roselyn Pabón.

Concerto “Centenario” de apertura 800 anos da consagración da catedral de Tui

  • 17:30 h. Catedral de Tui
  • Os músicos tudenses Sara Areal e Samuel Diz encabezan este concerto acollendo a intérpretes e compositores de Europa e América.
  • ORGANIZA CONCELLO DE TUI

Decembro 2025

Luns 1

  • Ás 11:00 h. Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
    • Conferencia Ramón Navarro, doutor en Liturxia e Director do Secretariado da Comisión Episcopal de Liturxia na Conferencia Episcopal Española Este edificio fai vislumbrar o misterio da Igrexa: o rito da dedicación e a súa riqueza eclesiolóxica, a propósito do 800 aniversario da dedicación da catedral deTui
  • 12:00 h. Catedral de Tui
    • Eucaristía solemne do 800 aniversario da dedicación da catedral de Tui. Xubileo do clero da diocese
  • ORGANIZA CABIDO CATEDRAL DE TUI

Martes 2

I Xornada Imaxe + Letra no Espazo Sociocultural rúa Camilo José Cela

  • 17:00 – 18:30 h: O Galiverso empeza aquí. Visita á catedral de Tui mediante realidade inmersiva
  • 18:30 h: Proxección da película “El nombre de la rosa”
  • 20:45 h: Charla coloquio con Miguel A.Cajigal - @elbarroquista
  • ORGANIZA CINE CLUB DE TUI

Xoves 11

  • Ás 19:30 h. Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
    • Presentación do libro "Tui 1225 de Pablo Álvarez Yáñez", editado polo Concello de Tui
  • ORGANIZA CONCELLO DE TUI

Domingo 21

  • Ás 18:00 h. Catedral de Tui
    • Concerto Coro de Porto - Portugal: Ensemble Vocal Pro Música
  • ORGANIZA CABIDO CATEDRAL DE TUI

Luns 22

  • Ás 17:30 h. Catedral de Tui
  • Inauguración Belén da Catedral de Tui e da exposición Beléns do mundo
  • ORGANIZA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA CATEDRAL DE TUI

Domingo 28

  • Ás 18:00 h. Catedral de Tui
  • Concerto de Nadal a cargo de María do Ceo
  • ORGANIZA CABIDO CATEDRAL DE TUI

Luns 29

  • Ás 12:00 h. Casa do Concello
  • Entrega premios concurso de debuxo escolar tarxeta de Nadal – 800 anos da catedral de Tui

Martes 30

  • 19:30 h. Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela
  • Conferencia Marta Cendón Fernández, catedrática de historia da arte da USC e presidenta do Instituto de Estudos Tudenses "A catedral de Tui a 30 de novembro de 1225. Que estaba feito e que faltaba por facer?"
  • ORGANIZA CONCELLO DE TUI