Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Producións Teatrais Excéntricas con “As desterradas”

Data: 
14/03/2025
Lugar: 
Teatro Municipal

O Teatro Municipal de Tui acolle o venres, 14 de marzo, ás 21 h "As Desterradas" da man de Producións Teatrais Exénctricas.

No século XVI, unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dubidan en difamalas e ameazalas por todos os medios, dende o tribunal da Inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos. Carme Varela recibiu por este texto o 25ª premio Álvaro Cunqueiro. 

Dirección e escenografía: Quico Cadaval

Autora: Carme Varela

Elenco: Belén Constenla, Melania Cruz, Rocío González, Rebeca Montero, Patricia Vázquez e Víctor Mosqueira

Iluminación: Laura Iturralde

Son: Piti Sanz 

Música: Fernando Reyes

Vestiario: Celia Sineiro

Xénero: teatral – drama                                           

Público: +13 anos                        

Duración: 95 min                         

Idioma: Galego                            

Prezos: 10 € - 7,5 €

Hora: 21.00 h

Entradas