Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do libro "Mis dos amores" de Inés Martínez

Data: 
22/01/2024
Lugar: 
Sala Félix Rodríguez

O luns, 22 de xaneiro, ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez, terá lugar a presentación do libro de poemas “Mis dos amores” da moza tudense, de 15 anos de idade, Inés Martínez.

Nesta presentación a autora estará acompañada polo profesor Felín Romero Lorenzo e por Ángela Martínez Gómez que abordarán nas súas intervencións, respectivamente, o comentario deste libro así como unha visión da traxectoria poética da autora, que a pesar da súa idade leva moito tempo dedicada con intensidade á creación literaria.