Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do libro “Historia en pedra, Tui e as súas parroquias” de Rosa María Vila

Data: 
3/02/2023
Lugar: 
Edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica)

O edificio Francisco Sánchez acolle o venres, 3 de febreiro, ás 19 h a presentación do libro  “Historia en pedra, Tui e as súas parroquias” de Rosa Mª Vila. A artista tudense plasma neste libro unha parte da súa obra na que, con distintas técnicas, plasma diferentes lugares tanto do centro urbano tudense coma das parroquias. Acompaña cada ilustración dun texto. 

Rosa Mª Vila conta cunha longa traxectoria artística. Realizou a súa primeira exposición pictórica na cidade en 1998, á que teñen seguido numerosas mostras tanto en Tui coma noutros concellos galegos e portugueses. De forma realista Rosa Mª Vila presente nas súas obras diferentes recunchos en Tui, comezando polo debuxo en tinta e incorporando despois outras técnicas coma óleo, acualrela, pastel ou grafito. Os seus traballos teñen ilustrado en varias ocasións o calendario da Eurocidade.  O pasado mes de setembro presentou na Sala Municipal, no edificio Francisco Sánchez, a mostra  “Abrimos Portas?", na que presentou vinte cinco portas emblemáticas das cidades de Tui e Valença.

Agora en “Historia en pedra, Tui e as súas parroquias” Rosa Mª Vila presenta nunha coidada edición un libro para gozar con calma, e pasear visualmente por diferentes espazos e lugares do termo municipal de Tui.