Obradoiro sobre “Motivación e habilidades para buscar traballo”

Data:
26/05/2021
Lugar:
Aula Cemit e en liña
Pedro Rodríguez, consultor, formador, adestrador e poñente en habilidades sociolaborais de Océano, impartirá o mercóres, 26 de maio, ás 10 h o obradoiro “Motivación e habilidades para buscar traballo”.
Poderase asistir presencialmente na Aula CeMIT, na Área Panorámica, ou en liña a través de Zoom. En ambos casos é preciso inscrición previa en orientación@tui.gal.