Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiro infantil "O Museo en Camiño"

Data: 
13/05/2021
Lugar: 
Edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica)

O xoves, 13 de maio, de 17 a 18.30 h terá no Edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) o obradoiro "O Museo en Camiño" do Museo de Pontevedra. 

Vai dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos co obxectivo de dar a coñecer as obras máis importantes que ten nas súas coleccións a institución museística pontevedresa e difundir o ‘espírito xacobeo’.

Con esta proposta o Museo de Pontevedra convértese nun ‘museo itinerante’ que segue o Camiño Portugués durante os meses de abril, maio e xuño. Amais de en Tui recala en Cesantes, Arcade, Barro, Caldas, Valga, Pontecesures e Padrón. 

Os fondos da institución chegarán á cativada da man dunha ‘maleta viaxeira’ con réplicas en miniatura de pezas consideradas esenciais para o Museo de Pontevedra: o Tesouro de Caldas, a Laxe das Picadas, o busto bifronte de Xano, o miliario romano de Salcedo, o retablo de San Acacio, un Santiago Pelegrín do século XVII, a obra Santa María dende A Caeira’ de Sobrino Buhígas, unha autocaricatura de Castelao, a obra ‘O Mercado’ de Carlos Maside, ‘A Terra’ de Manuel Torres, ‘Santa Tegra’ de Lugrís, e ‘Mulleres parolando’ de Luis Seoane. Todas elas foron escollidas por seren unha mostra representativa do que é o gran colector cultural que é o Museo e serán a base sobre a que desenvolver unidades didácticas para traballar contidos relacionados coa historia, a arte e o patrimonio.

Os colectivos creadores do programa e que traballarán coa rapazada serán Taller abierto e Paspallás . 

A inciativa inclúe tamén unha exposición no Museo de pontevedra para o mes de setembro coa que se pechará o percorrido “coa intención de trasladar todo o vivido ao público”.

Inscrición 

As prazas son limitadas e é preciso inscrición previa gratuíta en contacto@tallerabierto.info