Obradoiro de Compostaxe
Data:
4/09/2020
Lugar:
Paseo da Corredoira
O Paseo da Corredoira acollerá o venres, 4 de setembro, ás 10.30 un obradoiro de compostaxe dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos.
Para participar é preciso inscrición previa en compostaxe@tui.gal ou no 687 24 99 53. Contará cun protocolo de medidas de seguridade sanitaria ante a COVID-19. Será obrigatorio o uso de máscara e manter a distancia de seguridade de 1,5metros.
Os participantes distribuiranse en grupos illado de 9 persoas en función da idade:
- “Xogo da Miñoca” para nenos de 6 a 7 anos
- “Quen Vive?” para cativos de 8 a 9 anos,
- “Microcompostaxe” para os participantes que teñan entre 9 a 14 anos.
O obradoiro en caso de choiva realizarse no pavillón municipal.
Esta actividade está organizada ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, coa colaboración do Concello de Tui e o CEIDA.