“Noró” Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, en concerto

Data:
9/11/2018
Lugar:
Teatro Municipal de Tui
“Noró” é o título do concerto que Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre ofrecerán o venres, 9 de novembro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui.
Noró, o último traballo de Xabier Díaz é un retrato do seu día a día, das últimas viaxes, unha celebración do equilibrio da república adufeira. É a banda sonora do norte que ten marcado a súa vida, que a ten enchido de tradición e de son, e que o orienta cara camiños insospeitados por explorar.
- Prezo 10€ - 8 €
- Xénero: Música
- Clasificada: Todos os públicos.
- Recomendada: Todos os públicos
- Idioma: Galego
- Duración: 90 min
- Autor: Xabier Díaz
Entradas á venda en www.culturatui.info ata o venres, 9 de novembro, ás 12h ou o mesmo venres dende ás 20h no despacho de billetes.