Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

MUMI

Data: 
12/09/2024
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

O Encontro Profesional de Músicas Galiza-Portugal 2024, MUMI, celebrarase na Eurocidade Tui-Valença do 12 ao 15 de setembro. 

Os galegos Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo; e os portugueses Cardo-Roxo, Jhon Douglas, Miss Universo, Rogério Cardoso e Surma, presentarán a súas propostas musicais nos showcases do MUMI do 12 ao 15 de setembro na Eurocidade Tui-Valença.

O MUMI contará cun programa de conferencias, palestras, speedmeetings e sesións de traballo conxunto, xunto a outras propostas musicais que se anunciarán próximamente.

Por outra parte continúan abertas as inscricións profesionais para o MUMI 2024  a través da páxina mumimusicas.eu de forma gratutíta ata o 8 de setembro.

Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, responsables de programación, xornalistas e público xeral, daranse cita neste mercado de músicas que conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, o Concello de Tui e a Câmara Municipal de Valença, e a colaboración da Deputación de Pontevedra, a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte de Portugal e a Fundação GDA. 

https://mumimusicas.eu/

 

Programación

  • Xoves 12:
    • 19:30h PT / 20:30h GZ: "Serán do MUMI" na Praza de San Fernando, Tui (público xeral).
      • Pandereteiros O Fiadeiro (Vigo)
      • Arrancaxestas, da AC Santa Columba (Ribadelouro, Tui)
      • Pituquiñas, da AC Santa Columba (Ribadelouro, Tui)
      • Ai Hox (O Morrazo)
      • Ferraias da Etea (Vigo)
      • Os Beretes de Chapela (Vigo)
      • Pandeireteiras do Tambor Colectivo (Sárdoma, Vigo)
  • Venres 13:
    • 09:00h PT / 10:00h GZ: Recepción para profesionais na Zona PRO, Valença.
    • 10:00h PT / 11:00h GZ: "Speedmeetings" na Zona PRO.
    • 11:00h PT / 12:00h GZ: "Faladoiro" sobre produción de ciclos musicais na Zona PRO.
    • 12:30h PT / 13:30h GZ: Showcase de Su Garrido Pombo.Só para profesionais acreditados
    • 14:30h PT / 15:30h GZ: Máis "Speedmeetings".
    • 15:30h PT / 16:30h GZ: "Faladoiro" sobre salas de concertos.
    • Showcases 
      • Alana
        • 17:15h PT | 18:15h GZ - Paseo da Corredoira (Tui)
        • Aberto ao público xeral
      • Ruxe Ruxe
        • 18:05h PT | 19:05h GZ - Paseo da Corredoira (Tui)
        • Aberto ao público xeral
      • Quico Comesaña
        • 19:00h PT | 20:00h GZ - Teatro Municipal (Tui)
        • Aberto ao público xeral
      • Cardo-Roxo
        • 19:50h PT | 20:50h GZ - Teatro Municipal (Tui)
        • Aberto ao público xeral
      • Surma
        • 21:45h PT | 22:45h GZ - Paseo da Corredoira (Tui)
        • Aberto ao público xeral
  • Sábado 14:
    • 09:00h PT / 10:00h GZ: Recepción na Zona PRO.
    • 10:00h PT / 11:00h GZ: "Speedmeetings".
    • 11:00h PT / 12:00h GZ: "Faladoiro" sobre comunicación de proxectos culturais.
    • 12:30h PT / 13:30h GZ: Showcase de Rogério Cardoso Pires.ó para profesionais acreditados
    • Máis speedmeetings e faladoiros durante a tarde.
    • 17:00h PT / 18:00h GZ: Estrea documental "Na procura do son perdido. A zanfoña".
    • Showcases na tarde-noite.
      • Os d'Abaixo
        • 17:15h PT | 18:15h GZ - Praça da República (Valença)
        • Aberto ao público xeral
      • Jhon Douglas
        • 18:05h PT | 19:05h GZ - Praça da República (Valença)
        • Aberto ao público xeral
      • Miss Universo
        • 19:15h PT | 20:15h GZ - Paseo da Corredoira (Tui)
        • Aberto ao público xeral
      • El Pony Pisador
        • 20:05h PT | 21:05h GZ - Paseo da Corredoira (Tui)
        • Aberto ao público xeral
      • Amoebo
        • 22:00h PT | 23:00h GZ - Paseo da Corredoira (Tui)
        • Aberto ao público xeral
  • Domingo 15:
    • Dúas sesións de espectáculo de rúa: ás 11:30h PT / 12:30h GZ e ás 12:45h PT / 13:45h GZ con Guarda-Pedais na Praza da República, Valença.