Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

MUMi

Data: 
9/09/2021
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

O MUMi - Músicas no Minho terá lugar nos días 9, 10 e 11 de setembro de 2021 na Eurocidade Tui - Valença, mantendo as condicións para que as oportunidades e boas prácticas entre o sector da música en Portugal e Galicia se concreticen.

MUMi é o primeiro mercado profesional de música e cultura organizado polos dous territorios ibéricos e promovido por unha asociación que integra empresas, profesionais e colectivos do sector musical galego e portugués, co obxectivo de crear unha ponte de ida e volta real e estable para as músicas de ambos países.

O encontro reunirá artistas e bandas, promotoras, empresas de management, festivais, editoras, empresas de servizos e produción, etc. para compartir ideas, crear sinérxias sólidas, establecer novas redes de contacto e coñecer novas propostas en primeira persoa.

A feira contará cunha programación profesional que incluirá actividades de formación (técnica, xurídica, marketing), speedmeetings (encontros rápidos) entre profesionais do sector, showcases cunha selección de artistas e bandas da Galiza e Portugal, e unha feira sectorial coa presenza das empresas das diferentes áreas do sector. Tamén haberá concertos abertos ao público en xeral coa selección de propostas musicais de diversos estilos e formatos, nunha programación que demostrará os novos valores e as figuras xa consagradas en espectáculos multidisciplinares para o público familiar e adulto.

Programa:

Xoves, 9 de setembro

Valença

  • 10.30 PT/11:30gz. EXPOSICIÓN DE MÚSICA EN GALEGO DO S. XXI: "cantáMOLA en galego"
  • Zona PRO (Valença)
  • 11:45 PT/12.45 GZ: FALADOIRO Dereitos de autoría e dereitos das artistas. Zona PRO
  • 12:00 PT/13:00 GZ. SHOWCASE José Valente, Auditório Zona PRO
  • 12:45 PT/13:45 GZ. Acto de benvida. Zona PRO
  • 15:00 PT/ 16.00 GZ. SHOWCASE The Guit Kune Do. Auditório Zona PRO
  • 15:00 PT/16:00 GZ FALADOIRO O asociacionismo na xestión cultural. Zona PRO
  • 16:30 PT/ 17:30 GZ.. SHOWCASE. Oîma. Fonte da Vila (Valença)

Tui

  • 19:30GZ / 18:30 PT. SHOWCASE Cassete Pirata. Teatro Municipal de Tui 
  • 20:15 GZ /19:15PT, SHOWCASE O Sonoro Maxín. Teatro Municipal de Tui 
  • 21.30 GZ / 20.30PT. Orquestra Galego-Portuguesa da Liberación, Concerto de Apertura, Teatro Municipal de Tui
  • 23:30 GZ/22:30 PT. Pálida. Espazo Off (Tui).

Venres, 10 de setembro

Valença

  • 10:00 PT/11:00 GZ: FALADOIRO Festivais: creando experiencias arredor da música. Zona PRO
  • 11:00 PT/12:00 GZ SHOWCASE. Xacobe Martínez Antelo Quinteto. Auditório Zona PRO
  • 11:45 PT/12:45 GZ: FALADOIRO Diferentes fórmulas de apoio á cultura. Zona PRO
  • 15:00 PT/16:00 GZ SHOWCASE. Os d'Abaixo. Auditório Zona PRO
  • 15:00 PT/ 16:00 GZ: FALADOIRO As salas de concertos, un referente no sector. Zona PRO
  • 16:30 PT/ 17:30 GZ. SHOWCASE Jorge da Rocha. Fonte da Vila (Valença)

Tui

  • 19:30 GZ /18:30 PT SHOWCASE Silvia Penide. Praza de San Fernando (Tui)
  • 20:15 GZ / 19:15 PTSHOWCASE. Barry White Gone Wrong. Teatro Municipal de Tui (Tui)
  • 21:00 GZ/20:00 PT SHOWCASE Conjunto! Evite. Praza de San Fernando (Tui)
  • 21:45 GZ/ 20:45 PT, Familia Caamagno. Teatro Municipal de Tui (Tui)
  • 23:00 GZ/22:00 PT emmy Curl. Espazo Off (Tui)

Sábado, 11 de setembro

  • 12:00 GZ /11:00 PT SHOWCASE. TAKATUM presenta Ah!Ah!Ah! Praza de San Fernando (Tui)
  • 12.45 GZ /11:45 PT SHOWCASE MAGÍN BLANCO E A BANDA DAS APERTAS. Praza de San Fernando (Tui)
  • 13:30 GZ/ 12.30 PT SHOWCASE KÁUSTIKA. Paseo da Corredoira (Tui) *
  • 19:00 GZ / 18:00PT  La Duendeneta: Os Camiños das Músicas Galegas. Paseo da Corredoira (Tui)
  • 20:00 GZ / 19:00 PT SHOWCASE.  Pulpiño Viascón. Paseo da Corredoira (Tui) *
  • 22:00 GZ / 21:00 PT Galandum Galundaina + Uxía. Concerto de clausura. Teatro Municipal de Tui

* As actuación de Káustika e Pulpiño Viascón, estaban inicialmente previstas na Fortaleza de Valença pero foron trasladadas ao Paseo da Corredoira en Tui debido aos tres días de loito oficial decretados en Portugal polo pasamento do expresidente Jorge Sampaio