Mercado de Nadal 2024/25
Data:
30/11/2024
Lugar:
Paseo da Corredoira
Do 30 de novembro ao 5 de xaneiro celebrarase no Paseo da Corredoira o Mercado de Nadal organizado polo Concello de Tui. Contará con vinte casetas de madeira con produtos propios destas datas coma agasallos, decoración, plantas, artesanía, e gastronomía. A metade das casetas, un total de 10, conformarán un espazo gastronómico de Nadal no mercado onde as especialidades desta datas e as tradicionais farán a delicias das persoas visitantes.
Haberá tres quendas:
- 1ª quenda: do 30 de novembro ao 12 de decembro de 2024
- 2ª quenda: do 13 ao 24 de decembro de 2024
- 3ª quenda: do 26 de decembro de 2024 ao 5 de xaneiro de 2025
O horario de apertura será:
- Luns a xoves de 17 a 21h
- Venres de 17 a 22 h
- Sábados, festivos e vésperas de festivo: de 12 a 14 h e de 17 a 22 h
- Domingos de 12 a 14 h e de 17 a 21h
- O martes 24 e o martes 31 de decembro abrirá de 12 a 14 h
- Permanecerá pechado o 25 de decembro e o 1 de xaneiro
Prazo de presentación de solicitudes para expositores
- Atá ás 23 h do martes 5 de novembro
- No formulario habilitado en liña,
- Amais deberán enviar tres fotografías representativas do produto a mercadonadaltui@gmail.com. Ao cubrir o formulario deberán indicar os produtos a expor e se son fabricados artesanalmente, entre outras cuestións, así coma indicar a quenda ou quendas nas que está interesado en participar.
As bases completas pódense consultar en tui.gal podendo ampliar a información no departamento de Comercio e Turismo.
Bases de participación Mercado de Nadal 2024/25