Malasombra Producións con “Dedín, Dedín, Dedal”

Data:
16/10/2026
Lugar:
Teatro Municipal de Tui
O público familiar dende os 3 anos é o destinatario de “Dedín, Dedín, Dedal” o espectáculo que Malasombra Producións presentará o venres, 16 outubro 19 h no Teatro Municipal de Tui.
Yoli Lorenzo e Brais Iriarte dan vida a este espectáculo creado e dirixido por Andrea Bayer e Óscar Ferreira.
“Dedín, dedín, dedal” está pensado para liar, rir e bailar. Vai dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa. A palabra, os xogos, os contos e as cantigas están moi presentes ao longo da función.
- Xénero: teatro musical
- www.malasombra.gal
- Publico familiar: +3 anos ata 8 anos
- Duración: 45min
- Idioma: galego
- Prezos: 4€ - 3€




