Magia en la manga con "A igualdade non ten truco"

Data:
3/03/2023
Por que hai máis magos que magas? É certo que estamos afeitos a ver magos, pero tamén teñen existido e existen hoxe moitas mulleres magas.
A igualdade non ten truco é unha charla espectáculo de maxia da compañía Magia en la manga que se basea en promover a igualdade de xénero a través do ilusionismo. Sara Rodríguez e Carlos Tomico realizan misterios e imposibles, viaxes e transformacións inexplicables, nunha posta en escena divertida e máxica.
- Data: Venres 3 de marzo
- Hora: 19.30 h
- Compañía: Magia en la manga.
- Dirección, son e iluminación: Magia en la manga.
- Coprodución: AGADIC e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
- Elenco: Sara Rodríguez e Carlos Tomico.
- Xénero: Maxia.
- Duración: 60’
- Público: +5