“A Leituga” Eme2 de Santiago

Data:
5/10/2018
Lugar:
Teatro Municipal
O venres, 5 de outubro, ás 21.30 h o Teatro Municipal de Tui acolle a Eme2 de Santiago coa obra "A Leituga" dirixida a público adulto a partir dos 15 anos.
Sacrificio, rancor, ética, esperanza, aceptación... son sentimentos enfrontados ante a morte dun ser querido. A Leituga abórdaos en clave de humor a través da cea que comparten tres irmáns e as parellas de dous deles para festexar o aniversario do pai, en coma dende hai anos.
Autor: César Sierra | Director: Victor Duplá | Escenografía e iluminación: José Manuel Faro “Coti” | Elenco: Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez, María Vázquez, Mercedes Castro, Xosé Barato.
- Prezo 8€ - 6 €
- Xénero: Comedia dramática
- Clasificada: + 15 anos
- Recomendada: Público adulto
- Idioma: galego
- Duración: 80 min.