La Canica con “Orfeo”
O venres, 26 de novembro, ás 19.30 h o público familiar a partir de 5 anos poderá asistir no Teatro Municipal á representación de “Orfeo” da man de La Canica.
Dúas actrices escenifican o mito de Orfeo e Eurídice con monicreques, sombras, obxectos e outros recursos teatrais. Unha posta en escena que combina o relato poético nas voces das dúas actrices, o xogo teatral dos diversos protagonistas da historia, a expresividade dos obxectos e o poder evocativo da música.
La Canica recibiu o Premio “Mellor Proposta dun Clásico” en FETEN 2020, a Feria Europea de Artes Escénicas para Nenos e Nenas.
Orfeo é un mozo grego cuxa música é quen de aplacar tormentas, mover as pedras e amansar as bestas salvaxes. Eurídice é unha nova ninfa protectora dos bosques e a natureza. Un día ambos namoran. Pero a súa felicidade non dura moito tempo. Unha mordedura de serpe mata a Eurídice. Abatido, Orfeo decide baixar aos infernos na busca da súa amada.
Autoría e dirección: Pablo Vergne
Elenco: Daniela Saludes e Esther Blanca
Escenografía e monecos: Eva Soriano, Ana Iturrate e Ricardo Vergne
Laúde e arranxos: Ramiro Morales
Xénero: Teatro de monicreques e obxectos | Idioma: castelán |Recomendada: + 5 anos | Duración: 45 minutos
Entradas: 4€ e 3€
Entradas á venda até unha hora antes do comezo do espectáculo.