Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

IV Festival da Cultura Tradicional e Folk

Data: 
13/07/2024
Lugar: 
Tui

O sábado 13 e o domingo 13 de xullo celébrase en Tui o  IV Festival da Cultura Tradicional e Folk organizado pola Asociación Cultural San Telmo coa colaboración do Concello de Tui. Este é o segundo dos eventos da programación “Tui, verán na rúa”.

O programa previsto é o seguinte:

Sábado, 13 de xullo na praza de San Fernando

  • A partir das 20 h na praza de San Fernando coa celebración do IX Certame de Gaita e Tamboril no que haberá participantes das catro provincias galegas.
  • Mostra conferencia sobre o Traxe Galego que ofrecerá o Grupo Etnográfico Traxandaina.
  • A partir das 22.00 h concerto do grupo folk Ardentía.

Domingo, 14 de xullo 

  • Ás 19.30 h dende o edificio Francisco Sánchez (lateral rúa Ourense) inicio do pasarrúas do grupos participantes no IX Día da Muiñeira de Tui até o paseo da Corredoira
  • Participarán os grupos Saragana de Tui, Flores do Galiñeiro de Gondomar, Carballo das Cen Polas de Redondela, Ecos e Agarimos de Peitieros de Gondomar, O Mosteiro de Pexegueiro, Peña Xuntanza de Vigo, Pais de San Roque de Cangas, Andarela de Vigo, Troncos aos pés de Marín, e grupo Andaina de Vigo e Alfándega de Tui.