IKFEM Concerto da Orquestra Sinfónica RTVE e a pianista Marta Menezes
O IKFEM Festival pecharaá a súa programación de 2024 co concerto da Orquestra Sinfónica RTVE e a pianista Marta Menezes o venres, 6 de setembro, ás 21 h ES, no Teatro Municipal de Tui
IKFEM Festival conmemora o 50 aniversario da Revolución dos Cravos cun programa musical ibérico sinfónico creado para a ocasión, evocando a historia compartida e os procesos de transición para a democracia en Portugal e España. Este concerto, que tamén celebrará os aniversarios de compositores de ambos países, forma parte do programa Mostra Espanha e da axenda cultural transfronteiriza do Ministerio de Cultura de España.
Intérpretes
- Orquestra Sinfónica RTVE
- Marta Menezes, pianista
Bio A Orquestra Sinfónica e Coro Radio Televisión Española é unha formación sinfónico-coral dedicada á interpretación e difusión da música de calidade. Toda a súa produción musical difúndese a través de Televisión Española e Radio Clásica, de Radio Nacional, desenvolvendo unha intensa actividade na gravación de sintonías de radio e televisión, así como de bandas sonoras de series e películas. A presenza da Orquestra Sinfónica RTVE é habitual nos principais festivais españois, como o de Cuenca, Granada, Úbeda, Soria ou Santander. A súa dimensión internacional fórxase a través das colaboracións coa Unión Europea de Radiodifusión, e das súas actuacións no estranxeiro, en xiras, festivais e concertos por Estados Unidos, Suíza, Xapón, Francia, Romanía, Italia ou Portugal. Entre os galardóns recibidos figuran as Medallas de Honor dos Festivais Internacionais de Música e Danza de Úbeda e Granada; a de Alfonso X o Sabio, a Antena de Ouro Extraordinaria da Federación de Asociacións de Radio e Televisión de España; o Premio Iris á Mellor Banda Sonora pola serie de TVE Isabel; o premio honorífico á defensa e divulgación da música relixiosa da SMR de Cuenca; ou o Premio Iris da Academia das Ciencias e as Artes de Televisión á Orquestra Sinfónica RTVE polos seus “cincuenta anos de brillante traxectoria profesional e pola súa aportación á cultura musical española”. Desde setembro de 2023 o seu director titular é Christoph König.
Marta Menezes é unha destacada pianista portuguesa, recoñecida por recitais que dialogan entre tradición e orixinalidade, enfatizando matices e sensibilidade musical. O seu repertorio, que evidencia a súa afinidade a Beethoven, abarca desde o Barroco ata a actualidade, incluíndo a miúdo obras de compositores menos coñecidos, especialmente portugueses. Colaborou con renomeadas orquestras e directores, como a Orquestra Nacional de España ou a Orquestra Metropolitana de Lisboa, presentándose en auditorios e festivais internacionais. Marta promove activamente a música portuguesa, destacando o seu proxecto «5 Encores for Beethoven». Formouse en Lisboa e Londres, culminando os seus estudos nos Estados Unidos, onde obtivo o seu doutoramento. Ao longo da súa carreira, foi galardoada con múltiples premios, incluíndo o 1º premio no Concurso Beethoven do Royal College of Music e o recoñecemento internacional polo seu CD de obras de Beethoven e Lopes-Graça.
Programa
-
Andrés Gaos (1874-1959)
150 aniversario do seu nacemento
Impresión Nocturna -
Fernando Lopes-Graça (1906-1994)
30 aniversario da súa morte
Concertino para piano, cordas, metais e percusión -
Juan Crisóstomo de Arriaga (1806-1826)
Sinfonía en Re -
Joly Braga Santos (1924-1988)
100 aniversario do seu nacemento
Concerto para cordas en Re M, op.17