Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

III Xornadas Educativas

Data: 
30/05/2024
Lugar: 
Salón de Actos do Seminario Menor

As ANPAS de Tui, coa colaboración do Concello de Tui e do Seminario Menor, organizan as III Xornadas Educativas que se van celebrar no salón de actos do Seminario Menor os xoves 16, 23 e 30 deste mes.

A primeira conferencia o xoves 16, ás 19 h, no salón de actos do Seminario Menor será “Estratexias para crear unha relación de confianza e seguridade dende a infancia ata a adolescencia” a cargo de Teresa Lillo, psicóloga clínica, neuropsicóloga e logopeda de Psicologuiños.

O xoves 23 de maio,  ás 19 h, no salón de actos do Seminario Menor, Laura Alonso, optometrista, falará de "A relación entre a visión e a atención en escolares". 

Por último o xoves 30 de maio,  ás 19 h, no salón de actos do Seminario Menor, Paula Piñeiro e Sonia García, logopedas do Servizo de Ateción Temperá do Baixo Miño, que abordarán "Os sinais de alarma no neurodesenvolvemento infantil". 

A entrada é libre. Haberá Espazo Concilia.