Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

III Mostra da Camelia Cidade de Tui

Data: 
20/01/2018
Lugar: 
Área Panorámica

O sábado 20 e o domingo 21  de xaneiro celébrase na sala de exposicóns da Área Panorámica a III Mostra da Camelia Cidade de Tui organizada pola Asociación Amigos Tudenses da Camelia, ATUCA, co patrocinio do Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra

Na exposición participarán persoas de toda Galicia e do norte de Portugal, así coma un importante grupo chegado dende Asturias achegando exemplares de distintas variedades. Pero tamén a industria xurdida desta especie estará presente con produtos de cosmética como aceites ou xabóns, pero tamén cada vez máis coa produción de té que ten como orixe unha variante da camelia.

De forma paralela á mostra está convocado un concurso de debuxo e poesía sobre a temática desta planta.

Programación:

  • Sábado 20
    • Ás 12.30h inauguración e entrega de agasallos aos expositores
  • Horario de visita:
    • Sábado 20 de 12.30h a 14h e de 16.30h a 20.30h 
    • Domingo 21 de 10h a 14h e de 16.30h a 20h