Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

II Festival da Cultural Tradicional e Folk

Data: 
8/07/2022
Lugar: 
Tui

O II Festival da Cultural Tradicional e Folk, organizado pola Asociación Cultural San Telmo, abre a programación cultural verán en Tui. Celebrarase o venres 8 ao domingo 10 de xullo. 

A praza de San Fernando acolle o venres ás 22 h a actuación do grupo Arxe e o sábado, ás 19.30 h o VII Certame de Gaita e Tamboril, e ás 22.30 o concerto de Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre. Xa o domingo a partir das 19 h celebrarse no Paseo da Corredoira o VII Día da Muiñeira xunto a unha demostración do liño a cargo da Asociación Cultural “A Insua” de Vilalba