Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

II Concerto Solidario

Data: 
9/12/2022
Lugar: 
Teatro Municipal

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui organiza por segundo ano consecutivo un Concerto Solidario a favor de SOS Tomiño Baixo Miño. No evento contan coa colaboración do Concello de Tui.

Este II Concerto Solidario terá lugar mañá sábado día 10, ás 18.00 h, no Teatro Municipal, e para acceder será necesario entregar 1 quilo de alimentos non perecedoiros, como mínimo, que se destinará a SOS Tomiño Baixo Miño.

O concerto contará coas actuacións da Agrupación Musical de Goián, da Banda de Música Popular de Tui, e dos cantantes porriñeses Iker Faure e Noemí Fernández.