Ibuprofeno Teatro con "Smoke on the water"

Data:
10/03/2023
Lugar:
Teatro Municipal. Edicio Francisco Sánchez
Ritchie (Blackmore) vive ancorado na música dos anos 70 e ten unha tenda de vinilos de colección. Janis (Joplin) xa hai anos que non canta e estuda filosofía na universidade. O seu matrimonio sobrevive tras case 25 anos de crise permanente. Pero aparece Alex, un gigoló de ideoloxía vandálica e transgresora, que dá a volta a esta relación.
Rock and Roll, humor negro e crítica social mestúranse en Smoke on the water, da compañía Ibuprofeno Teatro.
- Data: Venres, 3 de marzo
- Hora: 21.30 h
- Compañía: Ibuprofeno Teatro.
- Dirección: Santiago Cortegoso.
- Coprodución: AGADIC e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
- Son: Mon Orencio.
- Iluminación: Salvador del Río.
- Elenco: Josito Porto, Belén Constenla, Adrián Ríos, María Costas, Mon Orencio.
- Xénero: Teatro.
- Duración: 85’
- Público: +14