Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Galitoon con “Facendo o indio"

Data: 
7/03/2025
Lugar: 
Teatro Municipal

Galitoon presenta o venres, 7 de marzo, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui "Facendo o Indio". É un espectáculo que conta os costumes ancestrais, a forma de vida dos indios americanos e os coñecementos adquiridos xeración tras xeración. É un repaso á cultura das tribus de indios americanos, na que esta tribu dos “Pes Grandes” tenta non extinguirse e loitar contra o seu peor inimigo: eles mesmos.

Os protagonistas, coa axuda do público, veránse realizando accións cotiás, do xeito máis inverosímil..., o que levará a locas e divertidas situacións cheas de risos, accidentes e moi malas decisións.

Galitoon recupera con “Facendo o Indio”, a sua particular visión do teatro de humor xestual, con esta tola e divertida proposta chea de música, situacións absurdas, interacción directa có público, e por suposto, o seu característico selo dos muppets e distintos performances nas suas propostas de teatro familiar.

Guión e dirección: Chisco Casteleiro

Elenco: Chisco Casteleiro e Jona García 

Voz en off e Cantantes: Ana Conca, Maria José Peris e Chisco Casteleiro

Escenografía: Galitoon

Iluminación: Chisco Casteleiro

Son: Óscar Rico

Música: Tony Torres e Chisco Casteleiro

Xénero: humor xestual                             

Público: +2 anos                          

Duración 60 min                          

Idioma: Galego                            

Prezos: 4 € - 3 €

Hora: 19.00 h

Entradas