Gala Homenaxe ao mestre Antón Corral

Data:
26/01/2018
Lugar:
Teatro Municipal
O Teatro Municipal de Tui acolle o venres, 26 de xaneiro, ás 20.30h a Gala Homenaxe ao Mestre Antón Corral. A entrada será de balde, debendo retirarse un máximo de dúas entradas por persoa dende ás 20h.
Participarán Carlos Núñez, Anxo Lorenzo, Anxo Pintos, Xarabal de Vigo, Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Santa Columba de Ribadelouro.