Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Foro do Camiño - Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Data: 
25/01/2022
Lugar: 
Aula da UNED e en liña

O martes, 25 de xaneiro, ás 19 h continuará o Foro do Camiño Portugués cunha nova conferencia.

Nesta ocasión será coa presenza dun destacado protagonista da recuperación e revitalización do Camiño de Santiago en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, exconselleiro da Xunta de Galicia e medalla de honra do Concello de Tui dende o ano 2017.

A conferencia do próximo martes, 25 de xaneiro, ás 19 h poderase seguir presencialmente na Aula Cemit  (Edificio “Francisco Sánchez” – antiga Área Panorámica, rúa Colón,2 primeiro andar, entrada por portas 4 e 12) ou por streaming a través da páxina web do Concello de Tui: www.tui.gal. A asistencia é libre ata completar o aforo do local, sendo necesaria a inscrición previa -por rigoroso orde de chegada- a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.