Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición "A violencia de xénero...dille NON!

Data: 
10/11/2021
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal - anexo

Dende o mércores, 10 de novembro, e até o martes 23 deste mes pódese visitar no anexo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez (Área Panorámica) a exposición “Á Violencia de xénero… Dille NON!!”. Trátase dunha exposición gráfica ilustrada dirixida a axuda á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas ou nocivas nas súas relacións. Está organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade e chega a Tui coa colaboración da concellería de Igualdade. 

Nunha decena de láminas a exposición amosa xeitos de exercer a violencia que case sempre lle pasan desapercibidos a quen a sofre.