Exposición “O río que nos move”

A sala de Exposicións Municipal acollerá do 2 ao 23 de setembro a exposición "O río que nos move".
Na mesma recóllense 99 fotografías tomadas en 1985 por cinco mozos do Baixo Miño - – Carlos Carrera, Xurxo Estévez, Juanjo Otero, Santos González e Rafa Cid- que, con idades entre os 21 e os 23 anos, decidiron descender o Miño na súa totalidade, sen ningún equipo de apoio e en canoas construídas por eles mesmos; algo que ninguén fixera antes.
A inauguración será o mércores, 2 de setembro, ás 19 h cun coloquio no que participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira; o Comandante Naval do Miño, Víctor García Pozuelo; o historiador Rafael Sánchez Bargiela e Enrique Míguez, padexeiro medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Los Angeles 1984.




