Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición “O Camiño Portugués, lembranzas de mar e de pedra”

Data: 
2/01/2023
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

A exposición “O Camiño Portugués, lembranzas de mar e pedra”  foi inaugurada o 1 de decembro, na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui presenta 71 fotografíaas dos séculos XIX, XX e XXI, nas que se reflicten ás realidades, paisaxes e patrimonio da ruta xacobea que une as cidades do Porto e Santiago de Compostela e que ten en Tui a súa porta histórica de entrada en Galicia.

Nesta exposición onde Tui e as terras do Baixo Miño teñen un protagonismo especial nesta mostra, que recolle, entre outras, fotografías históricas tiradas no primeiro terzo do século XX por Pacheco, José R. Seco, José Moreira ou o fotógrafo alemán Otto Wunderlich, quen retratou como ninguén a vida, xentes e paisaxes da España dos anos 20. A eles súmanse olladas antigas e contemporáneas da bisbarra e dos pobos lindeiros da fronteira portuguesa, como as que nos achegan José Gouveia Gomes Junior, Roberto de la Torre, Carmenchu Alemán, Antón Buciños, José Suárez ou Modesto Martínez. Pero as imaxes se conxungan con textos coma de Pérez Galdós e outros autores e que demostran “coma Tui é fonte de inspiración para escritores e fotógrafos” en palabras da comisaria da exposición Lucia Laín.

A exposición pode visitarse na Sala Municipal no edificio Francisco Sánchez de luns a venres de 9 a 14 h e de 16 a 21 h e os sábados de 9 a 13 h até o 28 de xaneiro.