Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente”

Data: 
25/10/2021
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

Até o 8 de xaneiro de 2022 ampliouse na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui a mostra de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” que recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui. 

Recolle 76 fotografías, tomadas entre 1886 e 1935, procedentes do arquivo do Balneario de Caldelas

Estas fotografías, que recollen aspectos da vida da parroquia de Caldelas así como imaxes de Tui, Paramos, Baldráns, Caldelas ou Entenza exhibíronse xa no verán no propio Balneario de Caldelas..