Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición Inventio Mundi

Data: 
20/05/2021
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

Até o 9 de xuño pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións a mostra "Inventio Mundi" organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e pola Secretaría Xeral de Emigración.

En pouco máis de trinta paneis a mostra explicar unha historia da navegación galega que arranca nese interese comercial coas Illas Molucas e remata no século XVII, cando mudan as formas de navegación. Pero tamén está en recoñecer esa historia de navegación que chegou ata os nosos días a través do imaxinario popular e que recolle a nosa literatura. A mostra xestouse en 2019 en plena conmemoración do quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta e as súas consecuencias para Galicia.

A mostra permite achegarnos a figuras relacionadas coas descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos. Nomes como o tudense Sebastián de Ocampo, o primeiro que demostrou o carácter insular da illa de Cuba en 1508, ou o do grumete Juanes Hernández tripulante da nao Concepción na expedición de Magalhaes.