Exposición “Donde Nunca Tuiyo”

Data:
4/05/2023
Lugar:
Sala de Exposicións Municipal
Do 4 de maio ao 1 de xuño pódese visitar na Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez, a mostra “Donde Nunca Tuiyo” de Andrea Zermeno e David Quinteiro.
Estes dous novos artistas tudenses que ofrecen unha novidosa exposición que mestura fotografía, pintura e debuxos. “Donde nunca Tuiyo” é un proxecto de deformacións fotográficas.
A exposición abre en horario de luns a venres de 9 a 14 h e de 16 a 21 h e os sábados de 9 a 13 h.