Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición do Certame Pinta Tui

Data: 
19/01/2023
Lugar: 
Anexo da Sala de Exposicións Municipal

Até o o 12 de febreiro pode visitarse no anexo da Sala Municipal de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez a exposición das obras gañadoras e participantes na sétima edición do certame de pintura rápida ‘Pinta Tui’.

O concurso celebrouse o pasado mes de novembro, organizado pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui (ACITUI), coa colaboración do Concello e outras entidades da cidade. Nesta edición participaron 45 persoas de toda a provincia de Pontevedra, recollendo nas súas obras espazos e lugares de Tui con diversas técnicas e estilos.

A exposición pode visitarse en horario de 9 a 14 h. e de 16 a 21 h, durante a semana, e os sábados de 9 a 13 h.