Exposición Descubre Sefarad

Data:
22/11/2019
Lugar:
Sala de Exposicións Municipal
Do venres, 22 de novembro, e até o sábado 14 de decembro pode visitarse na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, no edificio “Francisco Sánchez”, a exposición “Descubre Sefarad”. A mostra está organizada pola Red de Juderías de España, na que recentemente se ten integrado o Concello de Tui.
Esta exposición realiza un percorrido a través de imaxes polas cidades integradas nesta Red de Juderías de España. Son 24 imaxes de gran formato que capturan a alma das xuderías de cada unha cidades integradas nesta Rede e que están acompañadas dun pequeno texto que destaca a esencia xudía de cada unha destas localidades.