Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición conmemorativa 135 anos da vella Ponte Internacional

Data: 
22/03/2021
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

Até o 4 de abril pode visitarse na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica a exposición conmemorativa do 135 aniversario da vella Ponte Internacional Tui-Valença. A  mostra achega información sobre esta histórica infraestrutura que supuxo un antes e un despois nas comunicacións, non só entre Tui e Valença, senón entre Galicia e Portugal.  A exposición, que recupera material dunha anterior exposición,  realiza un percorrido polo proceso de deseño e construción da Ponte Internacional sobre o río Miño. Tamén se amosa unha maqueta da ponte unindo as dúas cidades integran a mostra.

A inauguración oficial da Ponte Internacional entre Tui e Valença tivo lugar o 25 de marzo de 1886.