Exposición "Cartografía da Raia"

A Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, acolle até o 10 de febreiro a mostra "Cartografía de A Raia" que amosa a evolución histórica dos traballos para o establecemento da fronteira con Portugal.
A exposición está organizada polo Centro Xeográfico do Exército de Terra e a Subdelegación de Defensa en Pontevedra, en colaboración co Concello de Tui.
A mostra presenta cartografía histórica de Gaicia e da provincia de Pontevedra, con especial fincapé na fronteira luso-española, incluíndo mapas costeiros e de zonas fluviais de Tui, Baiona ou Salvaterra de Miño.
Tamén recolle láminas ilustrativas sobre o Tratado de Límites de España e Portugal, e o seu desenvolvemento histórico até a actualidade, xunto aos métods e instrumentos empregados ao longo da historia para a representación xeométrica da Raia, e outras fronteiras internacionais.
O mércores 31 de xaneiro ás 19 h terá lugar a conferencia "Traballos de delimitación na Raia".
O horario de visita é de luns a venres de 9 a 14 h e de 16 a 21h e os sábados de 9 a 13 h.