Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición Berces da Vida. De paseo polos bosques de España

Data: 
24/11/2023
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

A Sala Municipal de Exposicións acolle a mostra “Berces da Vida. De paseo polos bosques de España” que chega a  Tui da man de Afundación, coa colaboración do Concello de Tui e ABANCA.

Comisariada polo premiado biólogo e divulgador Joaquín Araujo a mostra, realizada en colaboración con Lunwerg, reúne 26 fotografías, de distintos autores, nas que se plasma a biodiversidade das fragas e bosques de España, entre eles do Parque Natural de Sierra Espuña en Murcia, da Selva de Irati en Navarra, do Faial de Montejo de la Sierra en Madrid ou da Ribeira Sacra en Ourense. A exposición pretende servir de chamada de atención sobre a necesidade de conservar este espazos, imprescindibles para a vida no noso planeta.

Esta mostra está incluída en “Corrente cultural”, un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación. Tamén forma parte do proxecto “Cultura por alimentos”, que convida aos visitantes a entregar produtos non perecedoiros a modo de entrada solidaria para a Federación Española de Bancos de alimentos (FESBAL).

A exposición pode visitarse na Sala Municipal até o 4 de xaneiro de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h.