Exposición Abrimos Portas ? de Rosa Mª Vila

Data:
7/09/2022
Lugar:
Sala de Exposicións Municipal
A Sala de Exposicións Municipal, no edificio Francisco Sánchez, acolle até o 8 de outubro, a mostra “Abrimos Portas?” da tudense Rosa Mª Vila.
A artista presenta un total de 25 cadros nos que retrata a plumiña e acuarela 19 portas de Tui e 6 de Valença.
Rosa María Vila plasma nas súas obras estas portas e realiza unha interpretación das mesmas en base ao seu debuxo e cor, así a través das técnicas artísticas estas portas, algunhas xa centenarias, adquiren unha nova dimensión que reflicte o seu valor artístico e patrimonial.
A exposición pode visitarse en horario de 9 a 14 h e de 16 a 21 h de luns a venres e de 9 a 13 h os sábados até o 8 de outubro.