Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Eureka Reto Rural - Tui, A Comunidade Xudía en Tui

Data: 
26/05/2024
Lugar: 
Tui

"Tui, A Comunidade Xudía" é o título do escape room que se vai desenvolver en Tui o domingo 26 de maio dentro do produto turístico Eureka posto enmarcha polo Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

Este escape room, é un dos catorce que se van realizar nos 14 municipios que forman parte do Xeodestino. Ofrecerán, de balde, desafíos lóxicos e enigmas contextualizados na cultura local, incluíndo personaxes históricos e elementos naturais do municipio no que se celebre. Catorce aventuras para desentrañar os misterios do territorio a través de códigos QR e xeolocalización para a resolución das distintas probas, garantindo unha experiencia inmersiva coa que mergullarse na realidade deste concellos. 

As persoas que desexen participar deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e acudir ao punto de encontro da actividade para a formación dos equipos. Todas e todos os menores de 12 anos deben ir acompañados dunha persoa adulta. Cada xogo abrirase na data de celebración do evento e permanecerá aberto e accesible para o público durante un mes para que calquera persoa poida desfrutar da experiencia. 

Inscrición