Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Elefante Elegante con “Coralinda”

Data: 
30/10/2026
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

O venres, 30 outubro, ás 19 h o Teatro Municipal de Tui será o escenario de “Coralinda” o novo espectáculo da compañía Elefante Elegante.

Esta comedia xestual, creada por María Torres e Gonçalo Guerreiro, vai dirixida a público familiar e está interpretada como se fose de debuxos animados. Aborda a temática da inmigración e do medo ao diferente.

O espectáculo propón unha mirada cómplice, reflexiva e sensible en relación ás experiencias que viven as persoas que viaxan lonxe da súa terra  na busca de mellores condicións de vida, e que por cuestións de raza, xénero ou clase social, sofren comportamentos discriminatorios.

A través da linguaxe xestual, coa manipulación de obxectos e a interacción constante, o espectáculo crea un universo cómico e poético que viaxa do realismo á hipérbole da vida cotiá.

Coralinda conta a historia dun home que sempre vai vestido de gris e vive nun lugar gris. Todo cambia cando chega unha muller cun colorido vestido e que non deixa a ninguén indiferente.

  • Creación: María Torres e Gonçalo Guerreiro
  • Dirección de escena e escenografía: Gonçalo Guerreiro
  • Elenco: Pablo Sánchez e María Torres o Sofía Espiñeira   
  • Xénero teatro: físico                      
  • www.elefanteelegante.net  
  • Publico:  familiar: +3 anos            
  • Duración: 45min                              
  • Idioma: galego                
  • Prezos: 4€ - 3€

ENTRADAS