Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Día Mundial do Turismo

Data: 
27/09/2023
Lugar: 
Tui

Tui celebra o Día Internacional do Turismo con actividades a realizar entre o mércores 27 de setembro e o domingo 1 de outubro

Programa

  • Mércores 27 de setembro 
    • Balance dos investimentos verdes previstos para o período 2023-2025 no patrimonio natural e cultural no concello tudense destinados a crear equipamentos e infraestruturas resilientes, adaptadas ás novas demandas da veciñanza a atractivas ao turismo e as persoas visitantes. 
  • Xoves 28 de setembro
    • Ás 18.00 h na Sala Félix Rodríguez, no Edificio Francisco Sánchez
      • Xornada aberta ao público baixo o título “Oportunidades de Turismo Verde en Tui”  destinada a visibilizar exemplos de xestión turística sostible que poden ser exportables. Na mesma terá lugar unha mesa redonda que  contará coa participación de:
        • María Abuín de Máis que Románico (empresa de turismo cultural que deseña e comercializa rutas que interpretan patrimonio e territorio  cun modelo de xestión responsable )
        • Diego Chapela da Fundación Juan XXIII (Xestión por parte dun colectivo de iniciativa social do espazo comunal do Lago de Castiñeiras para uso turístico)
        • Leticia Castro Gondar,  responsable da marca  AWA e Presidenta de  Grove Makers (asociación de artesáns e creativos do Grove con pequeno comercio de autor)
        • Alberto Romero Rodríguez e Ricardo da Silva Diz da Asociación de Muiñeiros do Río Tripes (entidade local de promoción  do patrimonio cultural etnográfico, arquitectónico e paisaxístico)
      • Relatorio “ Reflexións e retos do Turismo Verde en Tui” a cargo de Ana  M.ª Núñez Alvarez, 1ª tenente de Alcalde de Tui e concelleira de Turismo.
  • Venres 29 de setembro
    • Paseo musical navegando polo Miño coa artista Lara Villaverde e da man da empresa “Río Miño en Barco”. Contará con tres pases ás 17h, ás 18.00 h e ás 19.00 h
    • Entradas na web da propia empresa riominoenbarco.com.  As prazas son limitadas e o prezo desta actividade é de 10 euros.
  • Sábado 30 de setembro
    • Xornada de portas abertas no histórico Viveiro de Areas onde a cidadanía poderá descubrir o encanto deste lugar con especies arbóreas senlleiras e edificacións  centenarias nas que se desenvolveu unha actividade de investigación forestal de referencia en Galicia.
    • Haberá dous pases, o primeiro ás 11.00 h e o segundo ás 17.00 h da man dos integrantes da Comunidade de Montes en Man Común de Areas. O punto de encontro será no propio viveiro
    • Inscrición en turismo@tui.gal para poder asistir xa que as prazas son limitadas.
  • Domingo1 de outubro
    • Ás 10.00 h  terá lugar unha experiencia que combina patrimonio natural e cultural mediante un percorrido pola Ribeira do Miño desde a rúa Olímpicos Tudenses ata a histórica parroquia de Caldelas de Tui  onde se visitará o Balneario de Caldelas, a Capela do Carme e se realizará unha degustación dun viño de autor. Este percorrido ten a finalidade de achegar á veciñanza e visitantes o patrimonio etnográfico de ribeira así como os atractivos históricos e culturais da vila termal de Caldelas.  O regreso ao punto de orixe será en tren turístico e para participar neste interesante roteiro de entre 6 e 7 km
    • Inscrición en turismo@tui.gal. As prazas son limitadas.