Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Día Internacional Para a Erradicación da Violencia contra a Muller

Data: 
22/11/2022
Lugar: 
Tui

Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional Para a Erradicación da Violencia contra a Muller, elaborouse o seguinte programa de actividades

Programa

  • Venres, 18 de novembro, ás 11.30 h, na casa do concello de Tui
    • Pleno infantil: a violencia de xénero a debate polos nenos e nenas dos centro educativos do concello de Tui.
  • Martes, 22 de novembro, ás 19.00 h no edificio Francisco Sánchez
    • Mesa Redonda: “A violencia de xénero. Prevención, atención e protección” Abordaremos: A Atención e asesoramento multidisciplinar ás vítimas. Os Protocolos de protección e os Recursos públicos.
    • Interveñen:
      • Representante da equipa VIOXEN da Garda Civil
      • Representante da equipa Vioxen da Policía Local de Tui
      • Coordinadora Servizos Sociais municipais
      • Avogada de atención a mulleres vítimas
  • Xoves, 24 de novembro.
    • Charla informativa sobre “Agresións sexuais e violencia sexual” para o alumnado de 2º da ESO do Instituto Indalecio  Pérez Tizón.
    • Monólogo “En pé de Igualdade” con Arantxa Treus e Marta Doviro para o alumnado de bacharelato  e ciclos formativos dos IES San Paio e Indalecio Pérez Tizón.
    • Lectura de declaración institucional no pleno da corporación municipal e constitución plenaria da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero.
  • Venres, 25 de novembro, ás 19.00 h no interior do edificio dos antigos xulgados na Praza da Inmaculada
    • Acto conmemorativo 25N
    • Acción escénica de Mónica Sueiro “DesAlento”
    • Lectura de manifesto
    • Actuación musical de Sofía Espiñeira
  • Sábado, 26 de novembro, ás 12.00 h na Praza de Abastos
    • Performance “A última cea” de Uxía Morán
  • Martes, 29 de novembro, ás 19:00 h no anxeo da Sala de Exposicións Municipal no edificio Francisco Sánchez
    • Conferencia “As violencias sexuais, do #MeToo ao só si é si” con Laura Seara,  avogada, deputada e exsecretaria de estado de Igualdade.
  • Mércores, 30 de novembro
    • Proxección da película-documental “Serás hombre”, e posterior coloquio coa autora Isabel de Ocampo, para o alumnado de Bacharelato e Ciclos Medios dos IES San Paio e Indalecio Perez Tizón.
  • Sábado, 3 de decembro
    • II Xornada de Comunicación e Igualdade
  • Durante o mes de decembro
    • Formación para o persoal municipal en materia de igualdade do II Programa Municipal de Formación e Intervención  interna en materia de igualdade dentro do programa Maruja Mallo.