Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Día do Mercado

Data: 
31/05/2025
Lugar: 
Mercado de San Antonio

Tui celebra o “Día do Mercado” cunha xornada gastronómica, musical e festiva no renovado mercado de San Antonio. A cita será este sábado, 31 de maio.

Deste xeito o Mercado Municipal de Tui únese á celebración do Día do Mercado, unha iniciativa impulsada pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia para poñer en valor o comercio de proximidade, os produtos de calidade e a vitalidade dos mercados locais.

09.30 h | Inicio da xornada e reparto de produtos promocionais da campaña Quere o teu Mercado.

12.00 h | Degustación gastronómica con elaboracións feitas con produtos frescos do propio mercado.

13.00 h | Sesión vermú con DJ e especial coctelería.

Durante todo o día |

>> Menú especial “Día do Mercado” na zona gastronómica, composto por: Pescadiño frito da lonxa, acompañado de alioli de lima e limón; Bocadiño de luras con salsa sweet chili; e Vermut galego de godello “A Fabulosa”.

>> Sesión especial de cócteles no Espazo Gastronómico na que ofertará gintonic, vermúxito, caipirinha e mojito.