Descobre o Parque Natural Monte Aloia
Descubrir o Parque Natural Monte Aloia a través de distintas rutas que terán lugar os martes pola mañá dos meses de xullo e agosto é o obxectivo dunha nova iniciativa que pon en marcha o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo, para este verán.
Terá lugar os martes, dos meses de xullo e agosto, ás 10 h sairá dende a Oficina de Turismo, no Paseo da Corredoira.
O tren turístico levará ás persoas participantes até o Parque Natural, onde se realizará unha visita guiada por A Fada do Aloia.
Trátase dunha actividade recomendada para toda a familia a partir dos 3 anos, xa que as rutas a realizar serán de dificultade doada cun percorrido máximo de 2,5 quilómetros. O regreso será de novo en tren turístico até o punto de partida onde a hora prevista de chegada será ás 13 h.
Inscrición
As prazas ofertadas para cada xornada son limitadas. O prezo é de 6€ as persoas adultas e 4€ os nenos e nenas. As persoas interesadas deben inscribirse na Oficina de Turismo, no Paseo da Corredoira, no correo turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05.
Descobre o Parque Natural Monte Aloia
Saída martes ás 10 h dende a Oficina de Turismo
Xullo
- Martes 2 Miradoiros-Muralla
- Martes 9 Senda Botánica
- Martes 16 Muíños do Tripes
- Martes 23 Poza de Cabanas
- Martes 30 Muíños do Deique
Agosto
- Martes 6 Miradores-Muralla
- Martes 13 Muiños do Deique
- Martes 20 Muiños do Tripes
- Martes 27 Poza de Cabanas