Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Descenso Popular e Descenso Internacional do Miño

Data: 
24/08/2024
Lugar: 
Río Miño

O río Miño é  o escenario dos descensos popular e internacional que se van celebrar neste mes de agosto. 

A primeira cita será o xoves, 15 de agosto, co Descenso Popular do Miño que sairá ás 17 h dende a ribeira de Caldelas. Participarán máis de 450 persoas en 300 piraguas. Previamente dende ás 12 h na mesma ribeira de Caldelas celebrarase a Romaría Popular. A festa continuará a partir das 18 h na rúa Olímpicos Tudenses, diante do Centro Municipal de Piragüismo, con música cun dj e gastronomía. 

Xa o sábado 24 de agosto celebrarase a 53ª edición do Descenso Internacional do Miño que sairá ás 17 h dende Salvaterra de Miño, para ter a liña de meta fronte ás gradas da rúa Olímpicos Tudenses. Este ano será Campionato de España de Ríos.