Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Descenso Popular do Miño

Data: 
21/08/2021
Lugar: 
Río Miño

O sábado, 21 de agosto, ás 16 h dende a Ribera de Caldelas sairá unha nova edición do Descenso Popular do Miño, nunha proba non competitiva na que se darán cita centos de persoas, baixo a organización do Club Kaiak Tudense. Os participantes completarán a distancia de 7 quilómetros que hai entre Caldelas e o centro de Tui coa liña de meta na rúa Olímpicos Tudenses. 

A inscrición está aberta até o xoves 12 de agosto, existindo varias modalidade con piragua individual ou dobre, con alguer de piragua ou con piragua propia. Tamén hai unha cota de inscrición familiar.